O alumnado galego celebra o Día da Árbore con Cousa de Raíces

Durante o día de onte, Día Mundial da Árbore, chegou a primeira ducia de imaxes e vídeos de Centros de Ensino que decidiron celebrar con Cousa de Raíces este día tan especial para os nosos bosques. Recibimos con moita ilusión e gratitude as fotos  enviadas por alumnos/as e docentes de Primaria e de Secundaria que se fixeron eco da campaña de Cousa de Raíces a prol do bosque e das especies propias, e que compartiron con nós os seus lemas en defensa do bosque e das árbores. A continuación, amosamos algunhas imaxes das enviadas e procedentes de colexios e institutos de Vigo, Neda, Lugo, Ourense, Fene, Ribadumia, Vilgarcía de Arousa, Muíños, Muxía ou Mondoñedo.

  • CPI XULIA BECERRA MALVAR (Ribadumia, Pontevedra).

Alumnado de  3º de primaria: 3ºA e 3ºB.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Lema: NA LAREIRA EUCALIPTO, NA EIRA CASTAÑO E NO MONTE CARBALLO.

  • IES SAN ROSENDO E GRANXA SAN ROSENDO (Mondoñedo, Lugo).

CR 1 IES San Rosendo MondoñedoCR A Granxa MondoñedoCR IES SAN ROSENDO Mondoñedo

  • IES LUCUS AUGUSTI (Lugo). Alumnado de 1º ESO, C.
IMG_20180321_124517

Lemas: Sen a natureza, fáltanos unha pesa // As árbores son a nosa fonte de vida. Tratemos de coidalas.

  • CEIP PLURILINGÜE OS CASAIS (Maniños-Fene).

“No patio do cole, onde, temos un bosque de especies autóctonas. É un dos espazos que máis queren as nenas e os nenos; e no interior, onde vimos de inaugurar unha gran árbore pintada polo alumnado. Todo o profesorado, as alumnas e os alumnos desexamos que esta vosa iniciativa teña sido masivamente acollida polos centros escolares de Galicia”.

ONUM8844 (1)HDFV3112 (1)

  • CEIP DE MACIÑEIRA (Neda, Ferrolterra).

page3page

  • CEIP EMILIA PARDO BAZÁN (Leiro, Ourense)

20180321_113319.jpg

  • IES MIGUEL ANXO GONZÁLEZ ESTÉVEZ (O Carril, Vilagarcía de Arousa).

O IES Miguel Anxo González Estévez agasállanos con este lema e cun reflexivo vídeo:

Foto grupo do IES do CarrilFoto cartel do IES do Carril

  • CEIP VALLE-INCLÁN (Muíños, Ourense).
IMG_2658

Lemas: Coidar das árbores é coidar de nós / As árbores serán amigas para sempre / As árbores son vida.

  • CEIP COUTADA-BEADE, Vigo.

Os 22 nenos e nenas deste colexico celebraron o Día da Árbore e da Poesía a través deste marabilloso vídeo.

Neste cole hai un carballo ao que lle chaman Manuel María, que acompaña aos nenos e nenas desde hai 3 anos, cando foi plantado.

  • INSTITUTO POLITÉCNICO, Vigo.

O Politécnico de Vigo conmemorou o Día da Árbore con Cousa de RAíces, coa proxección do filme “Lorax na búsqueda da trúfula perdida”, con talleres de tatuaxes e autocolantes relacionados coas árbores.  Tamén se instalou un posto de divulgación sobre diversos proxectos de defensa ambiental como Cousa de Raíces, Proxecto Ríos e diversos proxectos de nacomunidades de montes. O programa completouse con recitais de poemas ás árbores, xogos dinámicos e unha exposición sobre especies arbóreas autóctonas.

IMG_0457 copiaIMG_0425 copiaIMG_0477 copiaIMG_0462 copiaIMG-20180321-WA0034IMG_0439 copia

  • IES RAMÓN CAAMAÑO, Muxía.

O alumnado do IES Ramón Caamaño de Muxía, das materias de Bioloxía e Plástica, visibilizan a través dos distintos lemas, que abaixo se refliten, a necesidade de conservar e recuperar o bosque autóctono, poñendo como fondo o logo de Cousa de Raíces. O lema escollido para enviar a Cousa de Raíces foi: “BOSQUE AUTÓCTONO GALEGO = FUTURO SOSTIBLE. RECUPERÉMOLO!!!”.

IMG_20180321_121532IMG_20180321_121743IMG_20180321_122648IMG_20180321_122713IMG_20180321_122730IMG_20180321_122753IMG_20180321_123344

AGRADECEMENTO

Desde Cousa de Raíces queremos expresar o noso máis fondo agradecemento a todos aqueles docentes e alumnos/as, centros de ensino, que decidiron celebrar con nós o Día Mundial da Árbore. Aquí está o futuro!

Novas relacionadas

Advertisements

2 thoughts on “O alumnado galego celebra o Día da Árbore con Cousa de Raíces

  1. Pingback: COUSA DE RAÍCES: A DEFENSA DO MONTE GALEGO | Bibliomalveiras

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s