Mañá luns, os promotores da ILP piden o apoio á iniciativa do Concello e da Deputación de Pontevedra

pontevedradiputacion_430.jpgSeguindo o programa de accións a realizar no marco da divulgación e procura de apoio institucional á ILP na defensa do Bosque, mañá luns, 5 de marzo, algunahs das entidades promotoras da ILP (CIG, Fruga, ORGACCMM, Umia Vivo, APDR), xunto con outras entidades de ámbito local, como Federación Castelao, Vaipolorío, Irmandá Illa de Tampo ou Federación Teucro, reuniranse co equipo de goberno do Concello de Pontevedra e da Deputación Provincial, para solicitar o seu apoio á ILP. A xuntanza no Concello terá lugar ás 12.00 horas, e media hora despois, acudiremos á Deputación de Pontevedra. De seguido, realizarase unha rolda de prensa.

Cousa de Raíces participará nas xornadas sobre eucaliptización da Facultade de Bioloxía da USC

cartaz bioloxiaO luns, martes e mércores da vindeira semana, a Facultade de Bioloxía da USC acolle unhas “Xornadas sobre a eucaliptización en Galicia”, que organiza a asociación estudantil Bota e Bata, na que participarán algúns dos membros e entidades que forman parte de Cousa de Raíces e que promoven a ILP na defensa do bosque, ademais de profesores das Universidades de Santiago e de Vigo e sindicatos. O xeógrafo Martín Agrelo, Fins Eirexas de ADEGA ou X. Alfredo Pereira da ORGACCMM acudirán como ponentes e membros do debate público que terá lugar o mércores, día 7, ás 19.30 horas na mesma facultade. Consulta o programa.

Seguir lendo