Devolución dos pregos asinados na recta final da ILP!

whatsapp-image-2018-04-22-at-13-26-541.jpegO prazo para a recollida dos pregos asinados da Iniciativa Lexislativa Popular para a defensa do Bosque Autóctono e contra os lumes forestais estase achegando. Á agarda do reconto definitivo, xa podemos adiantar que o resultado desta campaña está a ser extraordinario, superando amplamente o mínimo de sinaturas (10.000) necesarias para levar a ILP a debate no Parlamento Galego. Agora é o momento de devolver ás entidades promotoras da ILP  (Alianza por un rural galego vivo -ADEGA, Fruga, CIG, ORGACCMM- e Cousa de Raíces) os pregos de sinaturas repartidos por toda a xeografía galega para poder  rexistralas con tempo pola Comisión Promotora. Por tanto, recomendamos que a entrega dos pregos asinados (aínda que non estean completos) se realice antes do remate o mes de maio. A continuación, explicámosche como facelo…

Seguir lendo

A ILP do Bosque chega ao Barco de Valdeorras

CARTAZilpOBARCOEste xoves, 26 de abril, ás 19.00 horas preséntase a ILP na defensa do Bosque Autóctono e contra os incendios forestais na Casa do Concello do Barco de Valdeorras. Organiza a charla a Alianza por un rural galego vivo, promotora da ILP xunto con Cousa de Raíces. Durante o acto, poderase visualizar a reportaxe documental “As Neves Zona 0”, de Adrián González. A charla completarase cun coloquiosobre os efectos da eucaliptización da Galiza e os incendios forestais, análise e conclusións.

Seguir lendo

A ILP do Bosque, hoxe en Pontedeume e mañá en Pobra de Trives

cartaz ilp trivesHoxe xoves, 19 de abril, ás 20 horas, Adela Figueroa de ADEGA, en nome das entidades promotoras da ILP presentará a Iniciativa Lexislativa Popular na defensa do bosque autóctono na Casa da Cultura de Pontedeume, coa colaboración do Ateneo Eumés Fernán Martís. E mañá venres, 20 de abril, está prevista outra charla de presentación da ILP na Pobra de Trives (Ourense), que impartirán representantes da CIG, membro promotor da ILP dentro da Alianza por un rural galego vivo, e de Cousa de Raíces. Tamén se proxectará o documental sobre a traxedia dos lumes do pasado 15 de outubro “As neves zona 0″ de Adrián González”, exporase a problemática que supón a eucaliptización en Galicia e os monocultivos forestais, O formato será de charla coloquio sobre as alternativas na comarca para evitar o abandono do rural e a sobreexplotación dos recursos naturais. O acto será ás 20 horas no Bar Troula de Pobra de Trives.

Seguir lendo

Cousa de Raíces apoia a marcha polo monte veciñal e por un plano forestal para un rural vivo

O vindeiro domingo, 22 de abril, Cousa de Raíces unirase á manifestación convocada pola Organización Galega de Montes Veciñais en Man Común (ORGACCMM), membro da plataforma, para defender a titularidade veciñal dos montes veciñais en man común e para demandar un Plano Forestal que atenda á diversidade de funcións dos montes galegos, non só aos intereses de Ence e das empresas da enerxía. A marcha sairá ás 12 horas da Estación de Trens de Compostela e acabará na Praza da Quintana.

Seguir lendo

O Ateneo Eumés organiza unha charla sobre a ILP en Pontedeume

Bosque autoctonoO Ateneo Eumés Fernán Martís convoca aos veciños e veciñas de Pontedeume e comarca a acudir o vindeiro xoves, 19 de abril, á presentación da Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) na defensa do bosque autóctono, promovida pola Alianza Rural Galega e Cousa de Raíces. A charla será impartida por Adela Figueroa, catedrática en Bioloxía e Xeoloxía e membro fundador do colectivo ecoloxista ADEGA. Terá lugar ás 20.00 horas na Casa da Cultura de Pontedeume. Durante o acto recolleranse sinaturas de apoio á ILP.

Seguir lendo

Este venres 13, a ILP do bosque presentarase en Sarria, Vilar de Santos e O Coruxo (Vigo)

WhatsApp Image 2018-04-06 at 19.24.10Este venres, 13 de abril, a Iniciativa Lexislativa Popular na defensa do bosque autóctono e contra os incendios forestais, promovida polas 60 entidades que conforman Cousa de Raíces e a Alianza Rural Galega, presentarase en diversos puntos da nosa xeografía. Ás 19 horas, Adela Figueroa de ADEGA presentará a proposta lexislativa na sede da Asociación Buril de Sarria (Lugo), onde o axente forestal Manuel Maceda tamén impartirá unha charla. Ás 20 horas do mesmo día, a ILP exporase na Arca de Noe, do concello de Vilar de Santos (Ourense), completando o evento coa proxección do documental “As Neves, Zona Cero”, de Adrián González. E ás 21 horas dese venres, o Centro Recreativo, artístico e cultural do Coruxo de Vigo, acollerá a presentación da ILP do bosque a cargo de membros de ADEGA-Vigo. César Lema completará a xornada cunha charla sobre bosques autóctonos “comestibles”. Durante a celebración destes actos recolleranse sinaturas de apoio á ILP. A continuación, difundimos os cartaces de todas estas actividades.

Seguir lendo

A Comunidade Corga de Barxes e a asociación Arnau de Muíños quixeron coñecer a ILP do bosque

IMG_20180407_204635_015O pasado venres 7 de abril membros de Cousa de raíces e a CIG, que forma parte da Alianza Rural Galega, foron convidados para presentar a ILP a prol do bosque autóctono pola Asociación Arnau e a Comunidade de Montes Veciñais en Mancomún Corga de Barxes do concello de Muíños, na provincia de Ourense. A presentación da ILP completouse coa visualización do documental “As Neves, Zona cero” de Adrián González.

Seguir lendo

Na Festa da Reconquista de Vigo recolleranse sinaturas en apoio á ILP do bosque

cartaz_reconquistaEsta fin de semana, 7 e 8 de abril, de 12.00 a 20.00 horas, ADEGA Vigo-O Morrazo, como unha das entidade promotoras da ILP na defensa do bosque dentro da plataforma Cousa de Raíces, porá unha mesa informativa e de recollida de sinaturas a prol desta Iniciativa Lexislativa Popular na Porta do Sol de Vigo, no marco da Festa da Reconquista. Acude e asina!

Seguir lendo

Novo ditame do Comité Científico do Ministerio: “Os eucaliptos son especies exóticas e invasoras e deberían erradicarse”

Nova orixinalmente publicada en http://adega.gal

Un novo ditame do Comité Científico do Ministerio de Medio Ambiente reafirma o carácter invasor do eucalipto e recomenda a súa inclusión do Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras (RD 630/2013). O Comité expón unha serie de argumentos que dan conta do efecto nocivo do eucalipto para o medio natural dos lugares onde se cultiva. Descarga o Ditame.

Seguir lendo

A comunidade de montes de Froxán conseguiuno!

froxanA comunidade de montes de Froxán e o colectivo Coluna Sanfíns, conseguírono! O seu proxecto de recuperación ambiental de 20 Ha de monte para bosque autóctono foi o gañador do concurso internacional European Ourtdoor Conservation Association, que se disputou nos últimos meses entre 150 proxectos de restauración ambiental de todo o mundo. Este galardón, financiado con 30.000 euros, permitirá levar a cabo nestes montes a repoboación con 10.000 árbores autóctonas nun terreo antes ocupado por eucaliptos e outras especies exóticas invasoras. A comunidade veciñal de montes de Froxán (Lousame), que tamén forma parte da plataforma Cousa de Raíces, traslada o seu agradecemento a todas as persoas que contribuíron na consecución deste premio e anima a sociedade a participar nos labores de restauración que se leven a cabo na comunidade a partires de agora. Desde Cousa de Raíces, tamén queremos trasladarlles a nosa noraboa!