A Comunidade Corga de Barxes e a asociación Arnau de Muíños quixeron coñecer a ILP do bosque

IMG_20180407_204635_015O pasado venres 7 de abril membros de Cousa de raíces e a CIG, que forma parte da Alianza Rural Galega, foron convidados para presentar a ILP a prol do bosque autóctono pola Asociación Arnau e a Comunidade de Montes Veciñais en Mancomún Corga de Barxes do concello de Muíños, na provincia de Ourense. A presentación da ILP completouse coa visualización do documental “As Neves, Zona cero” de Adrián González.

No acto estiveron presentes unhas 50 persoas, veciñas e veciños da comarca, que destacaron a sensibilidade  da comunidade de montes mencionada e da asociación Arnau de cara a restaurar máis de 3.000 Ha de monte ardido en outubro de 2017 en Muíñoscon especies de árbores frondosas e autóctonas. O delegado da CIG “Sanquei” e Zeltia Burgos explicaron os efectos da eucaliptizacion de Galiza e a súa repercusión nos incendios forestais, ademais de reflexionar sobre a utilidade da comisión parlamentaria de incendios e das deficiencias das politicas forestais do goberno do PP, totalmente regresivas. O acto tivo lugar no Pub Gallaecia, punto de recolllida de sinaturas para a ILP na defensa do bosque autóctono e contra os incendios forestais.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s