Hoxe xoves, 19 de abril, ás 20 horas, Adela Figueroa de ADEGA, en nome das entidades promotoras da ILP presentará a Iniciativa Lexislativa Popular na defensa do bosque autóctono na Casa da Cultura de Pontedeume, coa colaboración do Ateneo Eumés Fernán Martís. E mañá venres, 20 de abril, está prevista outra charla de presentación da ILP na Pobra de Trives (Ourense), que impartirán representantes da CIG, membro promotor da ILP dentro da Alianza por un rural galego vivo, e de Cousa de Raíces. Tamén se proxectará o documental sobre a traxedia dos lumes do pasado 15 de outubro “As neves zona 0″ de Adrián González”, exporase a problemática que supón a eucaliptización en Galicia e os monocultivos forestais, O formato será de charla coloquio sobre as alternativas na comarca para evitar o abandono do rural e a sobreexplotación dos recursos naturais. O acto será ás 20 horas no Bar Troula de Pobra de Trives.