Devolución dos pregos asinados na recta final da ILP!

whatsapp-image-2018-04-22-at-13-26-541.jpegO prazo para a recollida dos pregos asinados da Iniciativa Lexislativa Popular para a defensa do Bosque Autóctono e contra os lumes forestais estase achegando. Á agarda do reconto definitivo, xa podemos adiantar que o resultado desta campaña está a ser extraordinario, superando amplamente o mínimo de sinaturas (10.000) necesarias para levar a ILP a debate no Parlamento Galego. Agora é o momento de devolver ás entidades promotoras da ILP  (Alianza por un rural galego vivo -ADEGA, Fruga, CIG, ORGACCMM- e Cousa de Raíces) os pregos de sinaturas repartidos por toda a xeografía galega para poder  rexistralas con tempo pola Comisión Promotora. Por tanto, recomendamos que a entrega dos pregos asinados (aínda que non estean completos) se realice antes do remate o mes de maio. A continuación, explicámosche como facelo…

A devolución pódese efectuar de forma presencial, entregando os pregos nos locais das entidades promotoras, ou a través de envío por correo postal.

Aqueles pregos asinados que queirades facer chegar á plataforma Cousa de Raíces, podedes envialos  antes do remate do mes de maio ao enderezo postal de ADEGA en:

  • Travesa dos Basquiños, nº 9 Baixo, 15704 Santiago de Compostela.

Animámoste a facer un último esforzo de recollida de sinaturas no mes de maio!

Moitísimas grazas a todas/os pola vosa colaboración e compromiso con esta causa xusta!

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s