Cousa de Raíces, candidata ao premio “Galego do Ano” do Fogar de Bergantiños

imaxe fogarA campaña “Cousa de Raíces”, promovida por máis de 50 entidades de toda Galicia para defender o  bosque autóctono, opta ao recoñecemento como “Galega do Ano” na presente edición dos galardóns outorgados polo Padroado do Fogar de Bergantiños ao Carballés, Bergantiñán e Galego do Ano. As entidades que conforman esta plataforma e que promoven esta campaña na defensa do bosque galego sentímonos moi agradecidas por formar parte da honrosa lista de canditatos/as a este premio, ao que optan outras entidades, iniciativas e personalidades de grande relevancia para as causas xustas e dignificantes do país, como son o pobo de Camelle (pola súa solidariedade con Tatiana Alves), o FIOT (Festival Internacional de Outono de Teatro de Carballo), a atleta Ana Peleteiro e o activista cultural e social Xosé Bocixa. O vindeiro sábado día 2, o Padroado elixirá aos galardoados, porén, para Cousa de Raíces xa constitúe unha gran satisfacción ter sido proposta como candidata. Grazas ao Fogar de Bergantiños de Carballo e a todos os seus membros!

Voluntarios liberan a contorna da Eira da Xoana de eucaliptos

DSCN6653O pasado sábado, 5 de maio, voluntarios e voluntarias achegáronse á Eira da Xoana para eliminar eucaliptos dunha das parcelas custodiadas pola Eira, co obxectivo de substituír estas plantas foráneas e invasoras por bosque autóctono. Actuouse sobre unha superficie de 250 m2, onde había eucaliptos cun diámetro de ata 40 cm e cunha altura media de entre 12 e 15 m.  A maior parte da superficie ocupada por eucaliptos foi eliminada, quedando os exemplares máis gordos por derrubar. Na corta tamén axudaron veciños da zona.

Seguir lendo