Representantes da Comisión Promotora da ILP (Iniciativa Lexislativa Popular) para a protección e mellora dos hábitats de bosque autóctono, a racionalización da xestión do monte e a loita contra os incendios forestais, e dos máis de 60 colectivos que facemos parte da rede “Cousa de Raíces” en defensa do bosque galego, vimos de entregar este venres 22 na Xunta Eleitoral de Galiza as 42.328 sinaturas acadadas en apoio da iniciativa. A ILP do bosque convértese así nunha das ILP de natureza ambiental máis apoiadas da historia do auogoberno galego.
Grazas, grazas e grazas!!!