A campaña galega pola Obxección Fiscal fai unha doazón a Cousa de Raíces

Resultado de imaxes para obxeccion fiscal gasto militarO Espazo Aberto Antimilitar doa á rede Cousa de Raíces e á súa campaña da “ILP na Defensa do Monte Autóctono” 174 euros recadados durante a campaña galega pola Obxección Fiscal. O proxecto de Cousa de Raíces a prol do bosque autóctono foi un dos agraciados por esta organización ao considerar que busca a transformación social, un mundo mellor e a defensa da nosa natureza fronte aos lumes, a explotación industrial dos bosques e a especulación. Grazas compañeiras/os!

En 2017 aumentouse de novo nun 32% o Gasto MiIitar respecto ao 2016 e preténdese incrementar o gasto en defensa, entre o 50% ou 80% nos próximos 6 anos para achegarse á meta do 2% do PIB en 2024, reto establecido no cumio de Gales da OTAN e esixido por EEUU.

Espazo Aberto Antimilitar considera que é máis importante ca nunca seguir promovendo a Desobediencia Civil contra a militarización da sociedade a través da Obxección Fiscal aos Gastos Militares. Esta estratexia basease na non disposición a colaborar co Estado nos gastos de preparación de guerras e mantemento da estrutura militar, desobedecendo activamente no momento de realizar a declaración da renda (IRPF).

Consiste tecnicamente en aproveitar a declaración do IRPF para desviar unha parte da totalidade dos nosos impostos a un proxecto que traballe na defensa dun progreso social solResultado de imaxes para obxeccion fiscal gasto militaridario.

Con esta fin, un dos proxectos que propuxeron apoiar desde a campaña galega pola Obxección Fiscal, foi a á rede Cousa de Raíces e a súa campaña pola “ILP na Defensa do Monte Autóctono”, ao considerar que busca a transformación social, un mundo mellor e a defensa da nosa natureza fronte aos lumes, a explotación industrial dos bosques e a especulación.

Os cartos conseguidos para este proxecto foron finalmente 174€, que xa foron achegados á rede neste mes de xullo do 2018.

Desde Cousa de Raíces agradecemos a Espazo Aberto Militar que destine a súa recadación ao labor na defensa do bosque galego que realizan as persoas e colectivos que constituímos esta rede. Grazas compañeiras/os por contribuír a facer un mundo mellor!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s