Cousa de Raíces, presente nas Xornadas “As oportunidades do lume” do GDR Condado-Paradanta

oporrtunidades monteDesde o pasado 25 de agosto ata o vindeiro 14 de setembro están a ter lugar as Xornadas técnicas “As oportunidades do lume”, impulsadas na zona cero dos lumes do pasado mes de outubro polo GDR Condado Paradanta, para reflexionar e debater sobre a orientación que lle queremos dar ao noso patrimonio natural. Nestas xornadas estarán presentes algúns dos colectivos membros de Cousa de Raíces como Tesouros de Galicia, Amarelante ou a Comunidade veciñal de Montes en Man Común de Froxán (Lousame) ou Ridimoas co obxectivo de expoñer os seus casos como exemplos reais de boas prácticas na xestión do monte e na prevención de lumes forestais, e que escapan á eucaliptización do monte.

O pasado 25 de agosto, no auditorio municipal de Ponteareas (Pontevedra), a entidade Tesouros de Galicia, membro da rede Cousa de Raíces, explicou na sesión das xorandas dedicada a voluntariado e incendios o seu xeito diferencial de facer voluntariado.

Hoxe, 30 de agosto, presentarán as súas iniciativas na xestión do monte de Amarelante Sociedade Cooperativa GAlega e a CMVCM Froxán, no Auditorio Municipal do concello de As Neves (Pontevedra).

E o vindeiro 14 de setembro, terá lugar unha visita ao bosque custodiado de Ridimoas, no Concello de Beade (Ourense).

Máis información en AQUÍ.

boas_prácticas

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s