O proxecto de custodia ambiental “Bosques con Vida”, no que colaboran a Comunidade de Montes de Rebordelo e a asociación ecoloxista ADEGA, convídate á primeira xeira de voluntariado ambiental os vindeiros días 6 e 7 de Outubro na parroquia de Rebordelo, no concello de Cerdedo-Cotobade. Poderás participar na restauración ambiental de charcas e no estudo da súa biodiversidade, na repoboación con especies autóctonas en zonas queimadas polos incendios do ano pasado e nun roteiro ambiental interpretativo. Inscríbete!
As principais tarefas a realizar durante este voluntariado ambiental son:
- Restauración ambiental de charcas
- Repoboación con especies autóctonas en zonas queimadas nos incendios forestais de 2017
- Roteiro ambiental interpretativo
- Estudo de biodiversidade das charcas para o proxecto “Charcas con Vida”
O voluntariado inclúe a comida con menú vexetariano e seguro de responsabilidade civil.
Se queres inscribirte, podes enviar os teus datos (nome, DNI/pasaporte, teléfono, quenda e alerxia alimentarias) ao correo bosquesconvida@gmail.com
Agardámoste!!
PROGRAMA COMPLETO:
Día 6 de Outubro
- 9:45h: punto de encontro na asociación veciñal de Rebordelo.
- 10:00h: inicio da actividade de restauración ambiental das charcas e repoboación. Dividiranse ás persoas voluntarias en equipas rotativas para realizaren todas as actuacións.
- 14:00h: almorzo coa asociación veciñal e a CMMC de Rebordelo.
- 15:30h: volta á actividade.
- 18:00h: Comezo do roteiro interpretativo pola CMMC de Rebordelo
- 19:30h: fin da actividade
Día 7 de Outubro
- 9:45h: punto de encontro na asociación veciñal de Rebordelo.
- 10:00h: inicio da actividade de repoboación. Dividiranse ás persoas voluntarias en equipas rotativas para realizaren todas as actuacións, tanto da actividade 1 como da actividade 2.
- 14:00h: almorzo coa asociación veciñal de Rebordelo e CMMC de Rebordelo.
- 15:30h: volta á actividade.
- 18:00h: comezo do estudo de biodiversidade das charcas.
- 19:30h: fin da actividade
Ligazón ao proxecto: https://bosquesconvida.wordpress.com/
Localización: https://bosquesconvida.wordpress.com/localizacion/
Contacto: bosquesconvida@gmail.com