Máis de 70 colectivos esiximos conxuntamente a retirada do novo Plano Forestal

Por eucaliptizador, pirófilo, lesivo para a biodiversidade, privatizador… Máis de 70 colectivos ecoloxistas, comunidades de montes, sindicatos, organizacións sectoriais e empresariais, entre as que están as integrantes da rede a prol do bosque autóctono “Cousa de Raíces”, vimos de alegar conxuntamente o texto da primeira revisión do novo Plano Forestal do PP-ENCE. Ti tamén podes presentar estas alegacións no teu nome en calquera rexistro público ata o venres 5 de outubro. Descarga, imprime e cubre cos teus datos o MODELO DE ALEGACIÓNS.


Dende o ponto de vista ambiental, o texto presentado pola Xunta e á exposición pública até o vindeiro venres 5-O:

Abusa do enfoque forestalista: Non todo o monte é susceptíbel de ser forestado, como quere a industria.  Hai outros usos (multifuncionalidade, ecosistémicos) intencionadamente esquecidos.

Abonda no fracaso do Plano Forestal de 1992: Nen sequera se avalían as causas do seu incumprimento: máis de 500.000 ha de eucaliptos en 2018 cando o plano anterior fixaba un máximo de 245.000 ha para 2032. O novo texto dá por bos estes incumprimentos (intencionados), consolida e amplía o actual statu quo do monte galego.

Fomenta os cultivos enerxéticos e a madeira de baixo valor engadido: A Xunta, seguindo os ditados de ENCE, insiste nos mesmos erros de planificación: máis eucaliptos para pasta e agora tamén para cultivos enerxéticos. O lobby pasteiro-enerxético quere ter a medio país producindo eucalipto para pasta e ao outro medio madeira de crecemento rápido para queimar e engordar o negocio eléctrico.

Entrega outras 35.000 ao eucalipto sen restricións, a engadir ás preto de 600.000 xa ocupadas (un 17% do noso territorio). Dálle tamén unha benvida entusiasta ao E. nitens, considerado invasor e perigoso para os ecosistemas pola Audiencia Nacional.

Non aposta pola sustentabilidade das explotacións forestais, limitándose a ceder aos intereses empresariais enormes extensións de territorio para monocultivo de eucaliptos á marxe dos procesos ecolóxicos do monte. Desiste da criazón dunha certificación forestal pública e galega.

Esquece a conservación da diversidade ecolóxica e os usos ecosistémicos do monte, tan necesarios nun contexto acelerado de mudanza climática. Mesmo pretende abrir á explotación comercial hábitats protexidos como os bosques de ribeira.

Baixa os brazos na loita contra as especies invasoras, sen programas de control, erradicación e loita contra as pragas forestais, cada vez máis frecuentes e intensas.

Insiste no modelo continuista e desenfocado de loita contra os lumes que esquece a prevención, a diversidade de especies e o control da expansión das pirófitas. Elude mencionar calquera vinculación dos incendios coa falta de ordenación forestal do territorio ou coa expansión descontrolada do monocultivo de especies pirófitas.

Descargas

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s