Cousa de Raíces acudirá a Caminha para participar no debate luso-galaico sobre o bosque autóctono

Floresta_Autoctone_9_Marzo_CaminhaA Aliança pela Floresta Autóctone e a COREMA -Associaçao de Defesa do Património- convidaron a Cousa de Raíces a participar nun ciclo de conferencias sobre a situación da Floresta ou Bosque autóctono do país veciño. O vindeiro sábado, 9 de marzo, o biólogo Cosme Damián Romay Cousido acudirá a Caminha para dar a coñecer a experiencia de Cousa de Raíces na defensa do bosque galego, ademais de explicar a fondo o proceso de eucaliptización que está a vivir  o espazo forestal galego en detrimento das especies propias. O acto, titulado “Floresta Autóctone, uma visão luso-galaica”, terá lugar no Auditorio do Museu Municipal de Caminha ás 15.00 horas e será aberto para todo tipo de públicos. Do lado luso participará o doutor de silvicultura João Carvalho.

Máis información en: https://florestautoctone.webnode.pt

Descarga e difunde o cartaz: Floresta_Autoctone_9_Marzo_Caminha_pdf

One thought on “Cousa de Raíces acudirá a Caminha para participar no debate luso-galaico sobre o bosque autóctono

  1. Pingback: FLORESTA AUTOCTONE_9_MARZO_ CAMINHA - Asociación de Amigos do Patrimonio de Castroverde

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s