Participa na xornada de repoboación con árbores autóctonas no Couto da Eirexiña

Logo da exitosa deseucaliptización simultánea de Cousa de Raíces da pasada semana, animámoste a participar noutra acción de voluntariado que organiza o Couto da Eirexiña, membro de Cousa de Raíces, o vindeiro sábado, 6 de Abril. Desta volta, a actividade será de reforestación con árbores autóctonas que está integrada no plan de recuperación ambiental do monte comunal de Rebordelo (Cerdedo-Cotobade). Anímate a participar!

Seguir lendo

A I Deseucaliptización Simultánea conseguiu eliminar máis de 205.000 eucaliptos e acacias do monte galego

Os pasados días 21 e 23 de marzo, co gallo da celebración do Día Mundial do Bosques, a rede a prol do bosque galego, Cousas de Raíces, lanzou a primeira campaña de “Deseucaliptización Simultánea” de Galicia. A iniciativa saldouse cun grande éxito de participación, con máis de 360 persoas voluntarias, e sobre todo, con impresionantes resultados na eliminación de especies exóticas invasoras dos montes galegos: máis de 205.000 exemplares de eucaliptos e acacias, entre gromos de cepa, plántulas e unidades de maior porte. Cousa de Raíces agradece fondamente o compromiso e xenerosidade das entidades e persoas participantes nesta primeira edición deseucaliptizadora e convida a participar en novas convocatorias.

Seguir lendo

Uns 20 colectivos súmanse á deseucaliptización simultánea de Galicia

cartaz (1)Preto de 20 colectivos galegos responderon ao chamado da plataforma a prol do bosque galego, Cousa de Raíces, para sumarse a unha deseucaliptización simultánea en Galiza, con motivo do Día Mundial Forestal ou dos Bosques. Comunidades de Montes, colectivos ecoloxistas, agrupacións culturais, a Universidade da Coruña e diversos proxectos de custodia do territorio organizan para mañá e o vindeiro sábado, 23 de marzo, máis dunha decena de accións de eliminación de eucaliptos e doutras plantas exóticas invasoras, como as acacias. Se queres participar nalgunha delas, preme no mapa.

Seguir lendo

Deseucaliptización simultánea en Galiza con motivo do Día Mundial dos Bosques

carimbo combA rede a prol do bosque galego, Cousa de Raíces, propón celebrar o Día Mundial dos Bosques cunha “Deseucaliptización Simultánea” por toda Galiza. Esta plataforma, conformada por máis de 60 entidades, convida a centros educativos, colectivos, asociacións, plataformas e particulares a promover iniciativas de eliminación de eucaliptos e doutras plantas invasoras dos montes galegos durante a vindeira semana,  con motivo do Día Internacional dos Bosques. Todas aquelas persoas ou entidades que teñan previsto realizar unha actividade de deseucaliptización ou eliminación de eucaliptos en calquera punto do país, poderán sumarse a esta iniciativa, enviando os datos que se requiren a continuación, antes do mércores, 20 de marzo.

Seguir lendo

Produtivo debate luso-galaico sobre a floresta autóctona e a problemática do eucalipto en Caminha

20190309_161325O pasado sábado, 9 de marzo, tivo lugar na localidade lusa de Caminha o debate “Floresta Autóctone, unha visão luso-galaica” organizado pola Aliança pela Floresta Autóctone e a COREMA-Associaçao de Defesa do Património-. Na xornada participou, en representación da rede galega polo bosque autóctono “Cousa de Raíces”, o biólogo Cosme Damián Romay Cousido, quen nos agasalla con esta crónica do encontro. Desde Cousa de Raíces sentímonos orgullosas de que nos teña representado.

Seguir lendo