Participa na xornada de repoboación con árbores autóctonas no Couto da Eirexiña

Logo da exitosa deseucaliptización simultánea de Cousa de Raíces da pasada semana, animámoste a participar noutra acción de voluntariado que organiza o Couto da Eirexiña, membro de Cousa de Raíces, o vindeiro sábado, 6 de Abril. Desta volta, a actividade será de reforestación con árbores autóctonas que está integrada no plan de recuperación ambiental do monte comunal de Rebordelo (Cerdedo-Cotobade). Anímate a participar!

O principal obxectivo desta actividade de educación e voluntariado ambiental está focalizada na recuperación da área denominada o “rego das rás”, un pequeno regueiro de montaña que ten un alto valor ecolóxico para a fauna anfibia, así como para o sistema hídrico da área en custodia. Esta área foi afectada pola vagas de incendios forestais de outubro do 2017.

Durante esta actividade de voluntariado procederase á eliminación de Especies Exóticas Invasoras (EEIs) presentes no lugar, así como á plantación de frondosas autóctonas (principalmente de Betula alba e Salix alba). A súa vez levaranse a cabo traballos destinados á recuperación de solos.

A xornada dará comezo ás 9:45h na casa do pobo de Rebordelo. A actividade vai acompañada dun xantar comunitario e dun roteiro interpretativo para dar a coñecer a xestión forestal sostible de conservación e recuperación do bosque autóctono e da biodiversidade que están a levar a cabo as comuneiras e comuneiros da parroquia de Rebordelo.

Esta actividade está organizada por ADEGA Vigo e o Couto da Eirexiña, e conta coa colaboración da comunidade de montes de Rebordelo e a plataforma Cousa de Raíces.

Podes inscribirte nesta voluntariado antes do xoves 4 de abril enviando un correo a adegavigo@adega.gal

Agardámoste!

#CoutoDaEirexiña #ADEGAVigo

Programa de voluntariado de repoboación: 

09:45h – Punto de encontro na Casa do Pobo de Rebordelo
10:00h – Inicio da actividade de voluntariado de repoboación
14:00h – Almorzo comunitario coa asociación veciñal e a CMVMC de Rebordelo
15:30h – Roteiro interpretativo pola comunidade de montes
18:00h – Fin da xornada

Máis información: http://coutodaeirexinha.gal

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s