Rexeitada no Parlamento a ILP na defensa do Bosque galego

Cos votos contrarios do PP (37), a abstención do PSOE (14) e o voto favorable de En Marea e BNG (20), onte o Parlamento Galego rexeitou dar unha oportunidade aos nosos bosques fronte ao cambio climático, os lumes e os eucaliptos. Ante o lamentable resultado da votación, que desoe unha vez máis a vontade da sociedade galega de mudar o modelo de xestión forestal e de favorecer un monte con futuro, no que se aposte pola madeira de calidade, os produtos do bosque e pola sostibilidade dos aproveitamentos, non renunciaremos desde as organizacións promotoras a seguir loitando por un monte galego vivo, multifuncional e sustentábel. Así mesmo, queremos destacar os aspectos positivos desta ILP que, sen dúbida, se converteu nunha boa forma de crear conciencia sobre os impactos negativos da expansión incontrolada do eucalipto, serviu para reunir e agrupar colectivos, entidades e persoas que desexan ou traballan por outro tipo de monte e constribuíu a visibilizar unha alternativa de monte posible e alcanzable. MOITAS GRAZAS a todas as persoas que puxéstedes a vosa sinatura, alma e corazón nesta ilusión! Agora, a seguir…!

Seguir lendo

Advertisements

Máis de 70 colectivos esiximos conxuntamente a retirada do novo Plano Forestal

Por eucaliptizador, pirófilo, lesivo para a biodiversidade, privatizador… Máis de 70 colectivos ecoloxistas, comunidades de montes, sindicatos, organizacións sectoriais e empresariais, entre as que están as integrantes da rede a prol do bosque autóctono “Cousa de Raíces”, vimos de alegar conxuntamente o texto da primeira revisión do novo Plano Forestal do PP-ENCE. Ti tamén podes presentar estas alegacións no teu nome en calquera rexistro público ata o venres 5 de outubro. Descarga, imprime e cubre cos teus datos o MODELO DE ALEGACIÓNS.

Seguir lendo

Os días 6 e 7 de outubro: Repoboación de bosque nos Montes de Rebordelo

rebordeloO proxecto de custodia ambiental “Bosques con Vida”, no que colaboran a Comunidade de Montes de Rebordelo e a asociación ecoloxista ADEGA, convídate á primeira xeira de voluntariado ambiental os vindeiros días 6 e 7 de Outubro na parroquia de Rebordelo, no concello de Cerdedo-Cotobade. Poderás participar na restauración ambiental de charcas e no estudo da súa biodiversidade, na repoboación con especies autóctonas en zonas queimadas polos incendios do ano pasado e nun roteiro ambiental interpretativo. Inscríbete!

 

Seguir lendo

Cousa de Raíces, presente nas Xornadas “As oportunidades do lume” do GDR Condado-Paradanta

oporrtunidades monteDesde o pasado 25 de agosto ata o vindeiro 14 de setembro están a ter lugar as Xornadas técnicas “As oportunidades do lume”, impulsadas na zona cero dos lumes do pasado mes de outubro polo GDR Condado Paradanta, para reflexionar e debater sobre a orientación que lle queremos dar ao noso patrimonio natural. Nestas xornadas estarán presentes algúns dos colectivos membros de Cousa de Raíces como Tesouros de Galicia, Amarelante ou a Comunidade veciñal de Montes en Man Común de Froxán (Lousame) ou Ridimoas co obxectivo de expoñer os seus casos como exemplos reais de boas prácticas na xestión do monte e na prevención de lumes forestais, e que escapan á eucaliptización do monte.

Seguir lendo

A campaña galega pola Obxección Fiscal fai unha doazón a Cousa de Raíces

Resultado de imaxes para obxeccion fiscal gasto militarO Espazo Aberto Antimilitar doa á rede Cousa de Raíces e á súa campaña da “ILP na Defensa do Monte Autóctono” 174 euros recadados durante a campaña galega pola Obxección Fiscal. O proxecto de Cousa de Raíces a prol do bosque autóctono foi un dos agraciados por esta organización ao considerar que busca a transformación social, un mundo mellor e a defensa da nosa natureza fronte aos lumes, a explotación industrial dos bosques e a especulación. Grazas compañeiras/os!

Seguir lendo

A ILP en defensa dos bosques consegue o apoio de 42.328 galegas e galegos

Representantes da Comisión Promotora da ILP (Iniciativa Lexislativa Popular) para a protección e mellora dos hábitats de bosque autóctono, a racionalización da xestión do monte e a loita contra os incendios forestais, e dos máis de 60 colectivos que facemos parte da rede “Cousa de Raíces” en defensa do bosque galego, vimos de entregar este venres 22 na Xunta Eleitoral de Galiza as 42.328 sinaturas acadadas en apoio da iniciativa.  A ILP do bosque convértese así nunha das ILP de natureza ambiental máis apoiadas da historia do auogoberno galego.

 Grazas, grazas e grazas!!!

Seguir lendo

O peche da campaña da ILP na defensa do Bosque galego terá lugar este sábado na marcha contra as celulosas de Pontevedra

A marcha contra as celulosas que convoca a Asociación para a Defensa da Ría (APDR) para este sábado, 16 de xuño,  en Pontevedra será tamén o colofón da campaña a prol da ILP na defensa do Bosque autóctono e contra os incendios forestais, promovida pola CIG e Cousa de Raíces (da que forman parte, entre outras,  ORGACCMM, Fruga, APDR e ADEGA). Animamos a acudir a esta mobilización, que sairá ás 19.30 horas, da Alameda de Pontevedra, a todas aquelas persoas que defendan o bosque galego, o freo ao eucalipto ou unhas rías e praias descontaminadas.

Seguir lendo