A ILP do Bosque xa ten web propia e vídeo divulgativo

Captura de pantalla 2018-02-06 a las 9.45.05Cousa de Raíces e a Alianza por un Rural galego Vivo, como entidades promotoras da “Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) na Defensa do Bosque autóctono e fronte os incendios forestais”, veñen de elaborar novo material divulgativo da ILP. Desde hoxe, pódese facer uso da páxina web  creada en exclusividade para aI LP do Bosque e tamén se pon á disposición do público xeral un vídeo de dous minutos no que se resumen os principais contidos da ILP. Pregamos que este material se distribúa polas vosas redes sociais, páxinas web e a través dos vosos dispositivos móbiles.

Seguir lendo

Advertisements

Ecoloxistas, propietarios, empresas, investigadores e outros 40 colectivos impulsan a campaña Cousa de Raíces

A presentación de Cousa de Raíces tivo lugar na Eira da XoanaAgolada, 08 de xuño de 2014. Máis de 40 colectivos e entidades defensoras do bosque galego e do seu aproveitamento sostible lanzaron hoxe na Eira da Xoana a campaña “Cousa de Raíces”. Esta campaña, impulsada por iniciativa do colectivo ecoloxista ADEGA, pretende sumar esforzos e iniciativas en recuperar o valor do bosque desde o coñecemento, como recurso cultural, económico e ambiental.

O lema escollido trata de retratar o bosque como elemento vertebrador da nosa identidade, cultura e paisaxe, pero tamén da nosa economía e sociedade. As “raíces”, soterradas e ocultas baixo a terra, representan o piar fundamental do que é a nosa sociedade e do que será; ademais son sustento do que se fai visible no territorio, na paisaxe e no desenvolvemento económico-social. É “cousa de raíces” que entre todas e todos camiñemos cara un mesmo obxectivo na preservación do noso bosque.

Seguir lendo