O Ateneo Eumés organiza unha charla sobre a ILP en Pontedeume

Bosque autoctonoO Ateneo Eumés Fernán Martís convoca aos veciños e veciñas de Pontedeume e comarca a acudir o vindeiro xoves, 19 de abril, á presentación da Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) na defensa do bosque autóctono, promovida pola Alianza Rural Galega e Cousa de Raíces. A charla será impartida por Adela Figueroa, catedrática en Bioloxía e Xeoloxía e membro fundador do colectivo ecoloxista ADEGA. Terá lugar ás 20.00 horas na Casa da Cultura de Pontedeume. Durante o acto recolleranse sinaturas de apoio á ILP.

Seguir lendo

Advertisements

Este venres 13, a ILP do bosque presentarase en Sarria, Vilar de Santos e O Coruxo (Vigo)

WhatsApp Image 2018-04-06 at 19.24.10Este venres, 13 de abril, a Iniciativa Lexislativa Popular na defensa do bosque autóctono e contra os incendios forestais, promovida polas 60 entidades que conforman Cousa de Raíces e a Alianza Rural Galega, presentarase en diversos puntos da nosa xeografía. Ás 19 horas, Adela Figueroa de ADEGA presentará a proposta lexislativa na sede da Asociación Buril de Sarria (Lugo), onde o axente forestal Manuel Maceda tamén impartirá unha charla. Ás 20 horas do mesmo día, a ILP exporase na Arca de Noe, do concello de Vilar de Santos (Ourense), completando o evento coa proxección do documental “As Neves, Zona Cero”, de Adrián González. E ás 21 horas dese venres, o Centro Recreativo, artístico e cultural do Coruxo de Vigo, acollerá a presentación da ILP do bosque a cargo de membros de ADEGA-Vigo. César Lema completará a xornada cunha charla sobre bosques autóctonos “comestibles”. Durante a celebración destes actos recolleranse sinaturas de apoio á ILP. A continuación, difundimos os cartaces de todas estas actividades.

Seguir lendo

A Comunidade Corga de Barxes e a asociación Arnau de Muíños quixeron coñecer a ILP do bosque

IMG_20180407_204635_015O pasado venres 7 de abril membros de Cousa de raíces e a CIG, que forma parte da Alianza Rural Galega, foron convidados para presentar a ILP a prol do bosque autóctono pola Asociación Arnau e a Comunidade de Montes Veciñais en Mancomún Corga de Barxes do concello de Muíños, na provincia de Ourense. A presentación da ILP completouse coa visualización do documental “As Neves, Zona cero” de Adrián González.

Seguir lendo

Na Festa da Reconquista de Vigo recolleranse sinaturas en apoio á ILP do bosque

cartaz_reconquistaEsta fin de semana, 7 e 8 de abril, de 12.00 a 20.00 horas, ADEGA Vigo-O Morrazo, como unha das entidade promotoras da ILP na defensa do bosque dentro da plataforma Cousa de Raíces, porá unha mesa informativa e de recollida de sinaturas a prol desta Iniciativa Lexislativa Popular na Porta do Sol de Vigo, no marco da Festa da Reconquista. Acude e asina!

Seguir lendo

Novo ditame do Comité Científico do Ministerio: “Os eucaliptos son especies exóticas e invasoras e deberían erradicarse”

Nova orixinalmente publicada en http://adega.gal

Un novo ditame do Comité Científico do Ministerio de Medio Ambiente reafirma o carácter invasor do eucalipto e recomenda a súa inclusión do Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras (RD 630/2013). O Comité expón unha serie de argumentos que dan conta do efecto nocivo do eucalipto para o medio natural dos lugares onde se cultiva. Descarga o Ditame.

Seguir lendo

A comunidade de montes de Froxán conseguiuno!

froxanA comunidade de montes de Froxán e o colectivo Coluna Sanfíns, conseguírono! O seu proxecto de recuperación ambiental de 20 Ha de monte para bosque autóctono foi o gañador do concurso internacional European Ourtdoor Conservation Association, que se disputou nos últimos meses entre 150 proxectos de restauración ambiental de todo o mundo. Este galardón, financiado con 30.000 euros, permitirá levar a cabo nestes montes a repoboación con 10.000 árbores autóctonas nun terreo antes ocupado por eucaliptos e outras especies exóticas invasoras. A comunidade veciñal de montes de Froxán (Lousame), que tamén forma parte da plataforma Cousa de Raíces, traslada o seu agradecemento a todas as persoas que contribuíron na consecución deste premio e anima a sociedade a participar nos labores de restauración que se leven a cabo na comunidade a partires de agora. Desde Cousa de Raíces, tamén queremos trasladarlles a nosa noraboa!

 

O alumnado galego celebra o Día da Árbore con Cousa de Raíces

Durante o día de onte, Día Mundial da Árbore, chegou a primeira ducia de imaxes e vídeos de Centros de Ensino que decidiron celebrar con Cousa de Raíces este día tan especial para os nosos bosques. Recibimos con moita ilusión e gratitude as fotos  enviadas por alumnos/as e docentes de Primaria e de Secundaria que se fixeron eco da campaña de Cousa de Raíces a prol do bosque e das especies propias, e que compartiron con nós os seus lemas en defensa do bosque e das árbores. A continuación, amosamos algunhas imaxes das enviadas e procedentes de colexios e institutos de Vigo, Neda, Lugo, Ourense, Fene, Ribadumia, Vilgarcía de Arousa, Muíños, Muxía ou Mondoñedo.

Seguir lendo