COMO PARTICULAR
• Facéndote unha foto ou selfie co logo de Cousa de Raíces e compartíndoa nas túas redes sociais e no noso Facebook e Twitter a través do hashtag #CousaDeRaíces.
• Enviando información que consideres de relevancia para a causa ou manifestando a túa vontade de colaborar nas accións da campaña a través do correo electrónico: cousaderaices@adega.info ou o apartado de CONTACTO deste blogue.
• Participando das distintas actividades que se organicen por “Cousa de Raíces”.
• Solicitando que te incorporemos á lista de distribución do correo de “Cousa de Raíces”.
• Visitando e difundindo os contidos do blogue de “Cousa de Raíces”.
• Dando conta de feitos que creas que poñan en perigo o bosque galego.
COMO COLECTIVO, ENTIDADE OU EMPRESA
• Solicitando a súa adhesión á campaña a través do apartado de CONTACTO.
• Compartindo información neste blogue sobre as súas actividades relativas á defensa do bosque.
• Compartindo nas redes sociais os contidos deste blogue.
• Propoñendo accións conxuntas (divulgativas, reivindicativas, educativas, formativas, produtivas, etc.) co resto dos colectivos participantes.
• Usando a imaxe da campaña nas súas actividades, notas de prensa, redes sociais, etc. Podes descargar o logo desde o menú DESCARGAS.
• Establecendo colaboracións ou sinerxias puntuais con colectivos concretos.
• Compartindo información que nos axude a avanzar entre todos/as na posta en valor do bosque galego (sobre os seus valores, oportunidades, cualidades).
• Compartindo outro tipo de información (científica, denuncias, normativa, proxectos de interese, etc.) que sexa de interese para a causa.
Os colectivos, entidades e empresas que queiran unirse á campaña engadiranse á listaxe de entidades promotoras da campaña que se pode consultar neste blogue.
Quero colaborar con vos