Unha manchea de colectivos sociais adscritos a esta campaña “Cousa de Raíces” queremos amosar as nosas experiencias para criar riqueza e dinamizar o rural, fuxindo dos monocultivos e o abandono que promoven algunhas institucións. Na publicación “Experiencias sostibles no monte galego” damos conta de 23 iniciativas que se están a desenvolver en Galiza baseadas na aposta polas especies forestais autóctonas, na diversifiación das producións, na recuperación de terras de cultivo e razas galegas, no aproveitamento dos froitos do bosque, etc.
Dende “Cousa de Raíces” queremos agradecer a todos os colectivos e asociacións que forman parte da campaña, a súa implicación no proxecto e a súa colaboración na elaboración deste pequeno documento.
Convidamos a outras comunidades, colectivos, particulares, empresas ou sociedades que queiran promover e divulgar a súa experiencia sustentábel, e comprometerse cos nosos bosques autóctonos e patrimonio rural, a contactar e achegarnos as súas experiencias.