Este domingo, maniféstate contra a Lei de Depredación e os lumes forestais!

Lei depredación + lumes xeral

Advertisements

A resina dos piñeiros: un aproveitamento con visos de futuro

resina reducRecentemente constituíuse en Galiza a Asociación de Resineiros Galegos (AREGA) co  obxectivo de poñer en valor e promover o aproveitamento da resina dos piñeiros como recurso ambiental, económico e social. A recuperación desta vella práctica, perdida nos montes do sur, alá polos anos sesenta, volta en pleno século XXI para agromar como alternativa a outros usos do monte menos sostibles.  Neste espazo de Radio Cerna escoitarás a Xián, un dos membros e tesoureiro de AREGA, onde nos explica en que consiste o seu traballo, os obxectivos da asociación e cales son as perspectivas de futuro do sector. Escoita este espazo desde AQUÍ.

Facebook de AREGA: https://www.facebook.com/arega16/posts/570296763121264:0