Sobre a campaña

“Cousa de Raíces” é unha campaña que xorde por iniciativa do colectivo ecoloxista ADEGA pero que está aberta á participación de todas as persoas, entidades e colectivos dispostas a traballar baixo un mesmo obxectivo: defender o noso bosque a través do seu coñecemento e posta en valor. Preto de 50 entidades, empresas, colectivos culturais, asociacións ecoloxistas e investigadores se sumaron xa a esta causa, que continúa recollendo apoios.
A presentación da campaña tivo lugar o 8 de xuño de 2014 na Eira da Xoana (Ramil-Agolada).

O OBXECTIVO DE COUSA DE RAÍCES

O principal obxectivo da campaña é o de aumentar a conservación das nosas masas de árbores e o coñecemento sobre a súa necesaria existencia, tamén como recursos produtivos e de creación de emprego.

“Cousa de Raíces” quere devolver ao noso bosque o valor que ten, a todos os niveis (ambiental, económico, social, cultural, paisaxístico, etc.), contando coa participación e apoio dos diversos sectores interesados e comprometidos coas masas arbóreas autóctonas, porque as reivindican, porque as estudan, porque as coidan, porque as precisan para vivir.

“Cousa de Raíces” pretende contribuír a este obxectivo influíndo en dúas direccións:

-Na Administración pública, para que faga cumprir a normativa existente relativa á
conservación efectiva das nosas masas autóctonas.

-Na sociedade, impulsando unha concienciación positiva do valor das árbores autóctonas en sentido pleno: económico, cultural, ambiental.

POR QUE AGORA?

O IV IFN (Inventario Forestal Nacional) de 2009 establece que a superficie de frondosas no noso territorio é de 413300,52 ha (o 29,19% da superficie forestal arborada) distribuída de forma irregular. Estes datos, comparado con III IFN (1998), evidencian que existe un claro retroceso do bosque autóctono na zona atlántica.

Pese a que desde hai 25 anos diversas campañas sociais e unha Iniciativa Lexislativa Popular intentaron que a política forestal do país axudase á preservación das nosas masas arbóreas, seguimos a comprombar ano tras ano que a superficie de bosque autóctono segue minguando sen que a Administración poña freo. O decrecemento continuado do bosque autóctono (bosque, en definitiva) é consecuencia directa das políticas ambientais, de ordenación do territorio e do medio rural. Políticas que pretenden a desprotección ambiental do noso monte e o uso en exclusivo de monocultivos forestais con especies de crecemento rápido e de cultivos enerxéticos, unha ameaza que se presenta inminente.

Mais o principal activo para defender o noso bosque autóctono somos as persoas. Se descoñecemos o que temos próximo, será moi difícil chegar a estimalo. Acheguémonos ao noso bosque para escoitalo, sentilo, vivilo; e sobre todo para saber o que temos: un bosque do que se pode vivir, convivir e gozar .

Que non teñamos que perdelo para comezar a valoralo.

COUSA DE TODOS/AS
O lema escollido trata de retratar o bosque como elemento vertebrador da nosa identidade, cultura e paisaxe, pero tamén da nosa economía e sociedade. As “raíces”, soterradas e ocultas baixo a terra, representan o piar fundamental do que é a nosa sociedade e do que será; ademais son sustento do que se fai visible no territorio, na paisaxe e no desenvolvemento económico-social. É “cousa de raíces” que entre todas e todos camiñemos cara un mesmo obxectivo na preservación do noso bosque.

“Cousa de Raíces” é, por tanto, unha campaña aberta a todas as persoas, entidades e colectivos dispostos a traballar no obxectivo común de defender o noso bosque; e por tanto, proactiva, expansiva, colaborativa, diversa e integral.

“Cousa de Raíces” tenta acadar a confluenza de distintas ópticas e esforzos nun mesmo obxectivo, sen esquecer as graves ameazas que afectan xa a estes valiosos espazos: lumes, eucaliptización, biomasa, cultivos enerxéticos, talas polo pé de carballeiras e bosques de ribeira…

Trátarase de aproveitar os recursos e elementos que xa se están desenvolvendo nunha acción
colectiva e sinérxica. Por isto, as actividades que se desenvolvan no marco da campaña configúarnse de forma colectiva e baixo diversas formas. Poden ser divulgativas, formativas, educativas, reivindicativas, produtivas, de custodia, etc.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s