Substitución de eucaliptos por vexetación autóctona en Ribadeo

IMG_9508O Concello substituirá ao longo das vindeiras semanas os eucaliptos situados á beira da ría de Ribadeo entre a Vilavella e As Aceas por árbores autóctonas, “por vexetación de ribeira, como a que había antigamente”, segundo explicou o alcalde Fernando Suárez Barcia, quen considera que “se trata dunha actuación moi valorada polos cidadáns que pasean por toda esa zona”.

Seguir lendo

Exposición Escritos na Floresta

EXPOSICIÓN ESCRITOS NA FLORESTAATT00032

Árbores senlleiras na cultura chairega de Ricardo Polín

VENRES, 12 DE DECEMBRO DE 2014 ÁS 20:30 HORAS

NO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA

O Instituto de Estudios Chairegos, en colaboración co Departamento de Galego do Instituto Basanta Silva e coa financiación da Área de Cultura-Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo, organiza para o vindeiro venres, día 12 de decembro de 2014, ás 20:30 horas, o acto de inauguración da exposición “Escritos na Floresta/Árbores senlleiras na cultura chairega”, da que é autor Ricardo Polín, que será o encargado de levar a cabo a presentación da exposición. Intervirán tamén Xosé Manuel Carballo, que colaborou na mesma, e Manuel Castro Santamariña, presidente do Iescha. O acto incluirá, así mesmo, un pequeno recital poético-musical ,denominado Albre con poemas e comentarios alusivos á simboloxía das árobres na cultura chairega e universal, e no que actuará a violonchelista Paula Rancaño, licenciada no Conservatorio Superior de Madrid. Seguir lendo