O castiñeiro, recoñecido polo CTE para usos estruturais nas edificacións

OLYMPUS DIGITAL CAMERAHai uns días tivemos unha moi boa noticia para os bosques autóctonos: Por fin se inclúe no Código Técnico da Edificación (CTE) unha clasificación da madeira de castaño para usos estructurais!!. http://infomadera.net/modulos/noticias.php?id=7870

Ata o de agora só estaban clasificadas as tres especies de piñeiro (Pinus pinster, insigne esylvestris) e o Eucaliptus globulus. Había unha grande desazón ao ver que coma sempre, a lei só cobre as especies industriais, e que en pleno seculo XXI nen sequera se abrira a oportunidade de estudar ningunha máis. Para que se o monte xa estaba sendo infrautilizado polo mercado?

Seguir lendo

Cousa de Raíces reivindica o bosque galego como protector do solo

Foto_grupo_cousa_raices2Coincidindo co Día mundial da Conservación do Solo, ADEGA e outros 45 colectivos ambientalistas, culturais, empresariais, sindicais, comunitarios, educativos e científicos presentaron no Parque dos Paxariños de Lugo, en pleno contorno natural, a campaña “Cousa de Raíces” destinada a defender o bosque galego ou atóctono en todas as súas facetas: ambiental, cultural, produtiva, educativa ou como factor xerador de emprego.

Esta iniciativa retoma unha reivindicación histórica do movemento ecoloxista na defensa das árbores propias, pero desta volta intenta congregar neste mesmo obxectivo os esforzos de todos os sectores implicados na súa preservación e promoción. De feito, a este acto acudiron varios colectivos lugueses que traballan con esta finalidade como, alén de ADEGA, o Bandullo Ecolóxico, o Espazo Agroecolóxico A Estruga, FRUGA, A Asociación Galega de Custodia do Territorio ou a Plataforma sarriana polo río.

Seguir lendo

Ecoloxistas e investigadores/as en defensa das nosas árbores senlleiras fronte á desprotección que pretende a Xunta

Por que din simplificación cando queren dicir recurte?

A Xunta xustifica a proposta de modificación do Decreto 67/2007 pola necesidade de “simplificar” o procedemento de catalogación e descatalogación. Porén, dende a súa aprobación e as primeiras incorporacións, houbo despois moi poucas propostas: Dende a súa criazón, o catálogo actualizouse unha soa vez, en outubro de 2011. Ula pois a urxencia?

Seguir lendo