O alumnado galego celebra o Día da Árbore con Cousa de Raíces

Durante o día de onte, Día Mundial da Árbore, chegou a primeira ducia de imaxes e vídeos de Centros de Ensino que decidiron celebrar con Cousa de Raíces este día tan especial para os nosos bosques. Recibimos con moita ilusión e gratitude as fotos  enviadas por alumnos/as e docentes de Primaria e de Secundaria que se fixeron eco da campaña de Cousa de Raíces a prol do bosque e das especies propias, e que compartiron con nós os seus lemas en defensa do bosque e das árbores. A continuación, amosamos algunhas imaxes das enviadas e procedentes de colexios e institutos de Vigo, Neda, Lugo, Ourense, Fene, Ribadumia, Vilgarcía de Arousa, Muíños, Muxía ou Mondoñedo.

Seguir lendo

Convidamos aos Centros de Ensino a celebrar con Cousa de Raíces o Día da Árbore!

Hoxe, 21Celebración dos escolares de A Merca no día da árbore e da auga de marzo, é o Día Mundial da Árbore e do Bosque. Desde a rede de entidades Cousa de Raíces convidamos a todos os centros de ensino de Primaria e Secundaria Galicia a participar con nós na celebración deste día tan especial. A actividade que propoñemos consiste en que o persoal docente e os alumnos/as de cadanseu centro de ensino amosen o seu apoio á defensa do bosque autóctono galego a través dunha foto ou dunha breve curta co cartaz que se apega, elaborado para a ocasión. Todas as imaxes recibidas serán difundidas a través da nosa páxina e das nosas redes sociais. Esta iniciativa tamén pretende dar a coñecer a campaña Cousa de Raíces entre os centros escolares galegos. Aínda que non sexas un centro de ensino, ti tamén podes participar!

Seguir lendo

Novos actos de presentación da ILP no Carballiño e en Vigo

cartazO vindeiro xoves, 22 de marzo, a Iniciativa Lexislativa Popular na defensa do bosque autóctono será presentada publicamente na vila de O Carballiño, nun acto organizado por A.C. Avantar e o Cine Club O Carballiño, no que falarán Zeltia Burgos (delegada da CIG e Axente medioambiental) e Xurxo Álvarez (Presidente da FRUGA e Viticultor). A presentacións será no Café-Bar A Bodega ás 20.00 horas.

E este mesmo xovés, á mesma hora, tamén se presentará a ILP no C.S.A. Cova dos Ratos, nun acto organizado pro ADEGA Vigo-O Morrazo. Durante ambos os dous actos recolleranse sinaturas en apoio á ILP.

Seguir lendo

A Oficina de Medio Ambiente da UDC súmase á recollida de sinaturas para a ILP

A Ofimesa UDCcina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña súmase á recollida de sinaturas en apoio á Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) na defensa do bosque autóctono e fronte os incendios forestais. As mesas de información e de recollida colocaranse durante os meses de marzo e abril nas seguintes facultades e días:
MARZO
– Luns 19, de 12 a 14h. Fac. Filoloxía e Ciencias.
– Martes 20, de 16 a 18h. FAc. Informática.
– Xoves 22, de 11 a 12h. Escola Univ. Arquitectura (EUAT), de 16 a 18h. Escola Técnica Superior de Arquitectura (ETSA).
ABRIL
– Martes 3, de 16 a 18h. Ciencias da Educación.
– Mércores 4, de 11 a 13h. CC. Económicas.
– Xoves 5, de 16 a 18h. Enxeñería de Camiños, de 18 a 19h. Fac. Socioloxía.

10.000 árbores autóctonas en Froxán “a un click”

Screenshot at 2018-03-09 10:53:07

Vota polo bosque de Froxán!

A Comunidade de Monte Veciñal de Froxán (Lousame), membro de Cousa de Raíces, pretende substituír 20 hectáreas de eucaliptos por 10.000 árbores frondosas autóctonas. Esta iniciativa opta ao galardón que outorga a European Outdoor Conservation Association para poñer en valor iniciativas de conservación da Natureza. O proxecto xa é un dos 14 pre-seleccionados dentre 150 en todo o mundo! E é a primeira vez que un proxecto galego opta a este galardón, que permitiría dotar este proxecto ambiental con 30.000 euros. Ti podes axudar  a Comunidade de Monte Veciñal de Froxán a conseguir este obxectivo. Entra en http://bit.do/froxan e escolle o proxecto “10,000 native trees for Froxán Community”. Non precisarás rexistrarte, só votar! Precisamos o teu voto antes do día 23 de marzo.

Seguir lendo

Xornadas participativas “Monte e Veciñanza” no Val Miñor

Cartaz Xornada Monte e Veciñanza Val Miñor.jpgMañá sábado, día 10 de marzo, terá lugar unha “Xornada participativa Monte e Veciñanza do Val Miñor”, en Camos-Nigrán. Haberá moitas actividades: roterio guiado, ponencias, mesas participativas, obradoiros para nenos e nenas, xantar, documentais, exposicións de traballos do alumnado de varios centros educativos do tres concellos do Val Miñor, concurso de pratos coiñados con plantas silvestres… e festa para rematar; música, circo, poesía. O Co-mando Ghichas porá unha mesa de recollida de sinaturas para a ILP na defensa do bosque autóctono e contra os incendios forestais. Máis info en: https://fb.me/MontesVecinanza

Seguir lendo

Mañá luns, os promotores da ILP piden o apoio á iniciativa do Concello e da Deputación de Pontevedra

pontevedradiputacion_430.jpgSeguindo o programa de accións a realizar no marco da divulgación e procura de apoio institucional á ILP na defensa do Bosque, mañá luns, 5 de marzo, algunahs das entidades promotoras da ILP (CIG, Fruga, ORGACCMM, Umia Vivo, APDR), xunto con outras entidades de ámbito local, como Federación Castelao, Vaipolorío, Irmandá Illa de Tampo ou Federación Teucro, reuniranse co equipo de goberno do Concello de Pontevedra e da Deputación Provincial, para solicitar o seu apoio á ILP. A xuntanza no Concello terá lugar ás 12.00 horas, e media hora despois, acudiremos á Deputación de Pontevedra. De seguido, realizarase unha rolda de prensa.

Cousa de Raíces participará nas xornadas sobre eucaliptización da Facultade de Bioloxía da USC

cartaz bioloxiaO luns, martes e mércores da vindeira semana, a Facultade de Bioloxía da USC acolle unhas “Xornadas sobre a eucaliptización en Galicia”, que organiza a asociación estudantil Bota e Bata, na que participarán algúns dos membros e entidades que forman parte de Cousa de Raíces e que promoven a ILP na defensa do bosque, ademais de profesores das Universidades de Santiago e de Vigo e sindicatos. O xeógrafo Martín Agrelo, Fins Eirexas de ADEGA ou X. Alfredo Pereira da ORGACCMM acudirán como ponentes e membros do debate público que terá lugar o mércores, día 7, ás 19.30 horas na mesma facultade. Consulta o programa.

Seguir lendo