Novas citas co monte galego este sábado, 26 de outubro. Non faltes!

DESEUCALIPTIZACIÓNEste sábado, 26 de outubro, terán lugar dúas novas actividades impulsadas por membros de Cousa de Raíces, que, por un lado, tratarán de eliminar especies exóticas invasoras do monte galego, como son as acacias e os eucaliptos; e que, por outro, axudarán a repoboar o monte galego con especies propias, coincidindo coa Gran Landrada ibérica que se celebra en toda a Península. A nova xeira deseucaliptizadora terá lugar no Monte dos Remedios, de Tirán, no concello de Moaña. A repoboación con especies autóctonas será nos montes de Rebordelo, en Cercedo-Cotobade. A primeira actividade está impulsada pola Asociación de Veciños de Tirán (Moaña), e a segunda, por ADEGA-Vigo.

DESEUCALIPTIZACIÓNDeseucaliptización en Tirán

O vindeiro sábado, 26 de outubro, a Asociación de Veciños de Tirán, coa colaboración do concello de Moaña, Cousa de Raíces e Témpera, convoca a unha nova xeira de eliminación de eucaliptos e acacias no contorno da Capela e do Adro de Tirán, dando continuidade aos labores de deseucaliptización efectuados no marco da II deseucaliptización simultánea convocada por Cousa de Raíces.

As persoas que queiran particiipar deberán traer ferramentas manuais para a eliminación e inscribirse previamente no teléfono 986 915130. A actividade comezará ás 10 horas da mañá.

Descarga o cartaz

Gran Landrada no Couto da Eirexiña

cartaz_final.pngTamén este sábado 26 de outubro, ADEGA-Vigo realizará no Couto da Eirexiña unha actividade de voluntariado ambiental enmarcada dentro do reto da Gran Landrada Ibérica. Esta iniciativa, promovida pola Rede Ibérica de Gardiáns do Bosque, e á que se suma centos de colectivos e entidades, pretende sementar con máis de 25.0000 millóns de landras a Península Ibérica.

Con este obxectivo, a actividade de voluntariado ambiental consistirá en sementar landras de carballo, previamente recollidas no Couto da Eirexiña, nunha ladeira afectada polos incendios forestais do 2017. Así, crearemos entre todas un banco de sementes autóctonas en solo forestal e axudaremos na recuperación ambiental desta superficie.

Ao rematar a actividade, realizaremos unha xornada de convivio cun magosto na casa do pobo de Rebordelo. Teremos castañas para todas!!

Préstache participar nesta actividade? Podes inscribirte enviando un correo a adegavigo@adega.gal indicando o teu nome e teléfono. Agardámoste!

Deixar un comentario